En pleno verán os deportes deixan as instalacións cubertas para desfrutar do aire libre, e un claro exemplo é o volebol que está en plena tempada na modalidade praia. Na Rúa non hai mar pero si campo de area no Aguillón e por sexto ano consecutivo acollerá o Torneo de Volei Praia que se celebrará do 29 de xullo ao 5 de agosto.
Tal como aseguran dende a organización (que conta coa colaboración do Concello da Rúa e de numerosos negocios da vila), trátase dunha boa ocasión para desfrutar “dunha semana máis de descubrimento deste deporte, de diversión, compañeirismo e bos ratos”.
Quen desexe participar pode apuntarse a través das redes sociais, por correo electrónico (voleyplayarua@gmail.com) ou a través do número de contacto (660 834 817). O prezo de inscrición é de 15 euros para o 3×3 mixto e de 10 euros para o 2×2 tanto masculino como feminino.
Máis información en Torneo voleyplaya A Rúa 2019.