Terá lugar mañá, sábado 17 de agosto ás 11:30 horas e está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos
O contacontos musical “Música Miúda” aterriza mañá, 17 de agosto, na Biblioteca Municipal da Pobra de Trives. Esta actividade que será ás 11:30 horas, está enmarcada no programa “Ler Conta Moito”, cuxo obxectivo é o de dinamizar a lectura entre os máis pequenos.
O contido da actividade vén dada a través das historias de Bemol Pequeno. “Preséntanse conceptos básicos da música como o volume, o ton, as familias de instrumentos, as notas musicais… e cada unha delas inclúe un conto e unha canción, que se presentan nun espectáculo en directo pensado para que o público infantil (nenos e nenas entre 3 e 6 anos) participe e aprenda nun entorno lúdico”.