CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O musical ‘Unha noite na eira do trigo’ de La Ocaband emociona ao público na Rúa

 

Tralo éxito do espectáculo ‘Camiñante e Cantantes’ co que conquistaban ao público o ano pasado en pleno verán, La Ocaband volvía na tarde-noite do venres 31 de maio, desta volta ao Centro Cultural Avenida, para emocionar co seu musical ‘Unha noite na eira do trigo’ (popular poema de Curros Enríquez musicado pola mítica orquesta Los Tamara), unha historia de emigración moi emotiva, con moito amor e sentemento a flor de pel.

 

 

O espectáculo, que chegaba á Rúa da man da Xunta de Galicia e do Concello, levou ao público a principios do seculo pasado, cuhna mestura de ficción, teatro e a música da Orquesta La Ocaband. O musical conta unha historia que sorprende ao público desde su inicio, cun relato de amor verdadeiro, poesía, soños, paixón, emoción e tristeza, con moita música e sorpresa final.

 

 

“É un espectáculo no que puxemos moito traballo e unha enorme ilusión, que naceu grazas á iniciativa de Carlos Alleres, que conta cun guión totalmente profesional e fabuloso a cargo do fantástico Pepo Suevos (tamén actor no musical, turnándose con Manuel Manquiña) e gravamos un audiovisual, que se vai amosando nas pantallas, con arredor dun cento de extras”, explica Dani Dopazo, responsable de la orquesta junto a Xoan Manuel Paradela.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button