O club Peña Trevinca Barco está de noraboa. A xove orientadora valdeorresa Mailén Aller Pfirter, vén de conseguir o primeiro posto no Trofeo Serranía O’Camp 2019 disputado esta fin de semana nos mapas de Mariana e Mohorte de Cuenca.
Tal como explican dende o club, Mailen lograba esta vitoria na categoría feminina para menores de 12 anos (F12), como “resultado da segunda posición obtida na carreira de distancia media disputada o sábado 24 (onde perdía 18 segundos coa primeira clasificada, a atleta madrileña Irene Monseco), e do primeiro posto na carrera de distancia longa onde vencía á mesma atleta por 1 minuto e 3 segundos”.
Fotos cedidas.