A praza Maior era o escenario escollido polo Concello para celebrar as xornadas programadas para este domingo 24 de novembro dentro da campaña “Xinzo en marcha contra a violencia de xénero”. Alí, medio cento de veciños e veciñas déronse cita para coller o avituallamento de froita e de bragas para combater o frío da mañá e dispoñerse a percorrer os 7 km urbanos dos que constaba andaina reivindicativa.
Unha vez rematada a andaina e recuperadas as forzas cun café quente nos distintos bares da propia praza, comezou o acto de lectura do manifesto ao cal se uniron, como espectadores membros do equipo de goberno e da oposición.
Fotos: Concello de Xinzo