Cun gran ambiente moteiro amanecía hoxe A Rúa. Especialmente a rúa Campogrande e o entorno da Adega Cooperativa Virxe das Viñas onde se está desenvolvendo a I Xtrem A Rúa, puntuable para a Trofeo Luso-Galaico Hard Enduro.
Dende as oito da mañá, hora en que comezaban a darse as dorsais, preto dun cento de endureiros de diferentes partes de España e Portugal, se concentraban no parque pechado á espera de que dera comezo a crono test pola que foron pasando un a un os pilotos, dende a categoría máis profesional, a pro, ata a de veteranos, pasando pola expert, 2t, 4t e parellas. Nas primeiras eran poucosn os participantes, sendo as máis numerosas as categorías de 2 e 4 tempos.
O nome xa o indica “extremo”, e o circuíto preparado pola organización (Rúa Mortor-Liga Galega da Moto de Campo e Melicias Team de Portugal ), que discorrerá por Fontei, Vilela, San Xulián e Somoza, promete dureza. O circuíto con obstáculos da primeira fase, xa deu unha mostra, con varias caídas nada máis comezar.
Ademais dos membros da organización, son moitos os colaboradores que están traballando na proba, entre eles varias agrupacións de Protección Civil (da Rúa, Vilamartín, Petín e Manzaneda).
Fotos: Mónica G. Bellver