Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Discapacidade, que celebraban cun mercadiño navideño na praza do Concello do Barco, os membros de Disvalia protagonizaban, no mediodía do 3 de decembro, unha concentración diante da estación de tren do Barco de Valdeorras “para pedir que, dada a boa aceptación que tivo cando se creou na comarca no ano 2017, o Servizo de Atendo, estableza o Servizo Atendo 24 horas na estación do Barco, xa que o actual, condiciónanos a viaxar con 12 horas de antelación, en lugar de facelo cando un quere”, explican desde Disvalia.
Tamén aproveiraron a ocasión para pedir o regreso de Adrián, traballador do Servizio de Atendo, “pola súa maravillosa dedicación á axuda de persoas maiores, adultas, nenos con mobilidade reducida e discapacitado”. As mostras de cariño eran evidentes con mensaxes como “Adrián te queremos” ou “Disvalia te echa de menos”.
Fotos cedidas