DeportesÚltima hora

A xogadora do Levante UD, Leti, visita o Campus de Fútbol A Rúa

Preto de 60 rapaces asisten á segunda quenda do campamento que remata o sábado 11 de xullo

Despois da primeira semana (do 28 de xuño ao 4 de xullo) na que asistiron 52 nenos, o domingo 5 de xullo arrancaba a segunda quenda da XI edición do Campus de Fútbol A Rúa no que participan 56 rapaces de entre 6 (unha parella da Rúa que son os máis pequenos) e 18 anos (os maiores que repiten dende hai anos).

Ademais da parte técnica, o campus inclúe a excursión ao parque acuático de Cerceda (A Coruña) ao que foron onte, 8 de xullo, sesións de piscina, campionatos internos e colaboracións especiais de profesionais.

Entre os profesionais está Leti, xogadora do Levante UD feminino, que na mañá do 9 de xullo achegábase ata o campo de fútbol do Aguillón para compartir a xornada cos cativos. Leti, leva dúas tempadas no conxunto levantino, depois de máis de dez anos no Atl. de Madrid, ademais de formar parte da Selección Española e non quixo deixar pasar a oportunidade de xogar cos rapaces do campus e intercambiar coñecementos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button