Falta un mes para as datas centrais pero o Entroido vai xa quentando motores. De feito en Petín abrirán o mes co encontro de agrupacións promovido polo Folión de Petín (antigo Folión-Escola).
A xuntanza está prevista para a tarde deste sábado 1 de febreiro e participarán os folións do Tameirón e Carracedo da Serra (A Gudiña), A Veiga, Chandrexa e Os Viticultores de Vilamartín, ademais dos anfitrións que desfilarán dende o Centro Médico ata a praza.