OurenseÚltima hora

O Sincro Ourense, entre os 16 mellores clubs de natación artística de España

Os equipos alevín e infantil clasificáronse para o campionato nacional de primeira división

 

Máis de 600 nadadoras (269 alevíns e 377 infantís) dun total de 35 clubs de toda a xeografía española, participaban esta fin de semana no XXI campionato de España de inverno de natación artística celebrado en Castellón.

A proba serviu ademais para determinar os 16 equipos de cada categoría que participarán no campionato de verán de primeira división, entre os que estarán os do Sincro Ourense. “Un resultado magnífico para o club ourensán que afianza posición no mellor do ámbito nacional”, aseguran orgullosos dende Sincro Ourense, lembrando que é “unha excelente noticia para a sincro galega que se ve representada na táboa dos 16 mellores clubs de España co Ourense en dús categorías e co Galaico en alevín.

Con respecto aos resultados, o campionato desenvolveuse en días partes. A primeira para a categoría alevín na que o equipo ourensán conseguía boas posicións en figuras na xeral pero sobre todo por franxa de idade. “A impecable execución do seu combo levounas ao posto 14º e coa suma de figuras ao 15º da clasificación xeral, con tan só 6 nadadoras, dúas das cales debutaban nos nacionais”, explican dende o club. Unha posición que lles valeu para revalidar a súa permanencia en división de honra.

A segunda parte do campionato foi para o equipo infantil, con bos resultados para o Sincro en figuras, destacando o 4º posto de Estela L. e o 9º de Iria das nadas en 2007. Na competición de rutinas, os 67.5 puntos do seu combo levounas ao posto 18º e coa suma das figuras, chegaban ao 14º co que lograban o pase a primeira division. “Unha posición que non foi fácil de alcanzar xa que unhas horas antes da competición unha das integrantes causou baixa por enfermidade tendo que refacer a coreografía en moi pouco tempo”, explican dende Ourense felicitando ás nadadoras e ás adestradoras polos logros.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button