Pasadas ás oito e media da tarde deste domingo 29 de marzo producíase un incendio nunha cheminea na localidade barquense de Coedo. Ata alí desprazábanse de inmediato o GES Valdeorras, así como a Policía Local, entre outros.
Cando os efectivos de emerxencia chegaban ata o lugar, o incendio xa estaba practicamente controlado.
Fonte da imaxe: 112 Galicia.