Os premiados no III Certame Benito Losada de BD poden verse na pranta baixa do Museo Municipal
Dende o xoves 1 de outubro, están abertas no Museo Municipal de Ourense, as exposicións das XXVII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.
Os premiados no III Certame Benito Losada de Banda Deseñada 2014 poden verse na pranta baixa. Na categoría para maiores de 17 anos ata os 35, o primeiro premio foi para Alicia Jaraba Abellán por “Ad Libitum”; e o segundo premio para Diego Blanco López, por “Lobo”. Na categoria para menores de 17 anos, o primeiro premio foi para Cristian Fojón; e a mención de honra para Ismael López Arias.
Tamén na pranta baixa pode verse a obra “Creando nun garaxe” de O garaxe Hermético.
E xa no primeiro andar do museo están as obras do apartado de Axudas Injuve para a Creación Joven 2014.