Despois de varios días sen novidades con respecto á situación sanitaria, os veciños da Rúa espertaban cunha boa nova o día de Reis. Segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade ao Concello, son 8 oscasos activos de coronavirus no municipio, dous menos que onte, polo que se mantén a tendencia á baixa.
Con respecto aos casos detectados nos últimos 14 días, o número mantense entre 1 e 9 e a incidencia acumulada sitúase entre 50 e 150 aínda que se mantén o nivel medio alto de restriccións.