Seis equipos de toda España entre os que está o Club Voleibol Ourense, disputarán a fase de ascenso Primeira División nacional de voleibol feminino que se celebrará do venres 23 ao domingo 25 de abril no polideportivo O Pompeo, en Ourense.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistía esta mañá ao acto de presentación deste torneo da Real Federación Española de Voleibol, que decidirá os dous conxuntos que ascenderán á superliga nacional para a vindeira tempada.
Gabriel Alén desexoulle ao equipo da cidade “a mellor das sortes para que poidades conseguir o agardado ascenso que todos os afeccionados desexamos”.