O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, recibía no mediodía de onte sábado a visita do número dous e director de Contidos de Mediaset, Manuel Villanueva, ao que une unha gran amizade. Na xuntanza tamén estiveron o vicereitor da Universidade do Campus Universitario de Ourense así como Pedro Revaldería, propietario da Produtora Mandarina.
Manuel Villanueva é un namorado do municipio de Quiroga, ao que acude todos os anos por estas datas.