
Volve descencer, aínda que de forma suave, a cifra total de positivos de Covid-19 en Valdeorras. Neste 11 de agosto a comarca rexistra un total de 126 casos activos de Covid, o que supón 5 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.
A principal baixada rexístrase no Barco que conta con 77 casos activos, 4 menos que onte; mentres que Rubiá ten 2 positivos, o que supón 2 menos que onte; e Vilamartín 5, 1 menos que onte.
Por contra, Carballeda de Valdeorras rexistra 2 positivos, 1 máis que onte; e A Rúa 32 positivos, 1 máis que onte.
No resto dos concellos da comarca mantéñense as cifras de onte: Larouco segue con 4 positivos, O Bolo ten 2, A Veiga 1 e Petín 1.
1.234 casos activos na provincia
Tamén baixan os casos activos na provincia de Ourense cun total de 1.176 casos activos, o que supón 58 menos que onte.
37 hospitalizacións na provincia
Os datos totais de ingresos por Covid mantéñense na provincia. Así o Hospital Público de Valdeorras continúa con 3 ingresos en planta (a mesma cifra de onte), mentres o Hospital de Verín rexistra 6 en planta (2 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 24 ingresos en planta (2 menos que onte) e 4 na UCI (a mesma cifra de onte), segundo a Consellería de Sanidade (datos actualizados ás 18h. de onte).
