SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid-19 no Hospital de Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comuniciar o falecemento en Galicia nas últimas horas de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus, unha delas na provincia. Trátase dun home de 92 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense e que falecía o 13 de agosto.

Ese mesmo día tamén perdía a vida un home de 74 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Estas dúas persoas presentaban patoloxías previas.

Back to top button