O pavillón polideportivo da Pobra de Trives volverá a acoller un novo cribado poboacional de Covid-19. Será o vindeiro martes 31 de agosto, desde as 16.00h., tal e como se vén de anunciar dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
A participación nel será vía autoinscripción para residentes habituais ou ocasionais deste concello de 12 a 45 anos.
A inscrición pode realizarse no seguinte enlace:
https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx