Dende a Estación de Montaña de Manzaneda arrancaba esta mañá a Volta Ciclista Feminina. Os rexedores de Manzaneda, Amable Fernández, e de Trives, Patricia Domínguez, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; ao alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, e ao da Rúa, Álvaro Fernández, entre outras autoridades, participaban no acto que se daba saída a esta primeira etapa da ‘Ceratizit Challenge by La Vuelta’, que finalizaba arredor das dúas na Rúa.
A alcaldesa de Trives era a encargada de cortar a cinta que daba comezo a esta proba deportiva pasando a tesoira ao delegado da Xunta.
Protección Civil de Manzaneda e de Trives colaboraban nos labores de control. Mañá terá lugar a cronoescalada de novo na base de Trives.
Fotos cedidas.