ConcellosÚltima hora

Valdeorras ten 546 casos activos de Covid, 80 menos que onte

 

Mantense a tendencia de descenso nos casos activos de coronavirus en Valdeorras, se ben hai matizacións segundo os concellos. Así, nesta xornada de 27 de xaneiro a comarca rexistra 546 positivos (datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte), o que supón 80 menos que onte.

Os únicos concellos que experimentan unha leve repunta son O Barco con 336 contaxios activos (4 máis que onte) e Carballeda con 32 positivos (1 máis que onte). Manteñen as súas cifras de positivos O Bolo con 14 e Petín con 2, mentres que os casos activos baixan en Larouco que ten 7 (49 menos que onte), na Rúa con 71 (1 menos que onte), Rubiá con 31 (31 menos que onte), na Veiga con 26 (2 menos que onte) e Vilamartín con 27 (2 menos que onte).

O Hospital Público de Valdeorras ten 7 ingresos en planta de pacientes diagnosticados por coronavirus, a mesma cifra de onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button