Descubrir as singularidades e características dos viños galegos e dos escumosos será posible a través dunha cata que se organizará en Valdeorras os vindeiros días 21 e 28 de febreiro. A iniciativa, promovida por Enoturismo Galicia, terá lugar na Sala Ifes (praza do Concello do Barco) e terá un custe de 27 euros. Serán dúas sesións nas que se abordarán cuestións como a cata de viños brancos e tintos, a metodoloxía de catas ou a detección de defectos e virtudes nun caldo.
Artigos relacionados
Abre as súas portas a 61ª Feira do Viño do Ribeiro, que reúne a 36 adegas e colleiteiros en Ribadavia
3 de Maio de 2024
A Cea “Barquense do ano 2023”, con José Luis Gómez como homenaxeado, será o 11 de maio no Casino do Barco
3 de Maio de 2024