DeportesKárateÚltima hora

A karateka barquense Lucía Herrero, seleccionada para o campionato de España sénior

A deportista do KC River Stone competirá na modalidade de kumite, equipo e individual, de -50kg

Lucía Herrero Valcarce durante un adestramento. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unha semana despois de participar na liga nacional de karate en Alicante, onde lograba un meritorio 5º posto;  e tras colaborar coa Federación Galega como membro do staff no campionato galego infantil celebrado este sábado en Santiago, Lucía Herrero Valcarce daba un paso máis cara o seu obxectivo: o nacional sénior.

A karateca valdeorresa, membro KC River Stone, é unha das 12 deportistas seleccionadas para participar no campionato de España sénior que se celebrará do 25 e 27 deste mes de marzo en Logroño. Lucía competirá na modalidade de kumite/ equipo e individual -50kg.

 

Artigos relacionados

Back to top button