CulturaCulturaÚltima hora

“Raio the Loubican” conquista aos nenos barquenses

A Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco celebraba o Día do Libro cun espectáculo de títeres

 

Raio, metade lobo e metade can, encandilaba aos nenos barquenses tirando de humor, tamén de enxeño. No marco da celebración do Día do Libro neste 23 de abril, a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco acollía ás 11:30h. a representación de títeres “Raio the Loubican”, un divertido e interactivo espectáculo no que un can faise coa atención de todos, contando a súa historia de superación e aprendizaxe.

Este espectáculo de “Mircromina Teatro de Títeres”, cuxa protagonista é un monicreque de varilla con vida propia, forma parte do programa “Ler conta moito”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button