Este ano o Festival Medieval no Castelo de O Bolo que chega á V edición será máis especial que nunca. Sera o 21 de maio e estará adicado a Xosé de Valbuxán-Yosso, o artista bolés falecido hai un par de anos a quen o Concello lle adicou un museo, recentemente rematado nas instalacións do Colexio de O Bolo. De feito, será a inauguración do “Museo Xosé de Valbuxán’, en torno ás 12 hora dese sábado, a que marque o inicio do programa.
O festival propiamente dito comezará ás 18 horas, presentado unha vez máis por Manolo Porto, sobriña de Yosso e contará cunha exhibición de Cetrería do Salnés. A nivel musical, o programa constará da posta en marcha da sonorización do Romance de Dona Urraca, e das actuacións da Banda de Gaitas do Concello do Bolo; das Cantoras de Trives; da Orquestra Río Leira “en recoñecemento a Bautista Álvarez”; de Jacinta Fernández, cantora da Seitura de Lentellais; de Iria Estévez en “Clave de Fado”; das Cantareiras da Real Banda presentando o poema musicalizado ‘O Malvís’ na memoria de Xosé de Valbuxán; e da Real Banda de Gaitas.
Como en edicións anteriores o festival inclúa unha exposición no Castelo de Gaitas Ibéricas, que poderá visitarse os mércores e xoves de 9:30 a 14 horas e os venres, sábados e domingos de 10 a 14:30 horas.