O Concello de Quiroga vén de presentar o programa das súas festas de Verán que se desenvolverán entre o 4 e o 7 de agosto.
A festa da Comunidade, cunha gran paella no parque da Constitución, abrirá uns festexos que recuperan a festa da Xuventude. Actuacións musicais, espectáculos de animación infantil, orquestras e deportes nos que destaca por novidosa a primeira concentración de Parapente Val de Quiroga.
Catro días de numerosas actuacións musicais e de entretemento para nenos, mozos e maiores que rematarán o día 10 de agosto coa celebración da XXXI Mostra do Mel que estará amenizada pola charanga Lou Band.