DeportesKárateÚltima hora

Enzo Prieto e Lena Álvarez do River Stone O Barco, seleccionados para o campionato de España Cadete, Júnior e Sub-21

Enzo e Lena con Nicolás tralo campionato galego./ Foto cedida.

 

Dúas semanas despois de subir ao podio no Campionato Galego Cadete, Júnior e Sub21 celebrado en Ferrol (A Coruña), Enzo Prieto e Lena Álvarez do River Stone O Barco son seleccionados pola Federación Galega de Karate para asistir ao campionato de España das mesmas categorías, que se celebrará do 25 ao 27 novembro en Pontevedra.

Lena Álvarez Pérez, que lograba a prata no galego, competirá en kata individual júnior feminino. Enzo Prieto Fernández pola súa banda, faráo en kata individual cadete masculino tras lograr o bronce en Ferrol.

Artigos relacionados

Back to top button