ConcellosÚltima hora

O Barco quere facer do casco vello unha ARI

O Concello reúne aos veciños para informarlles das axudas que existen para este tipo de zonas

obarcoari

obarcoari2

O Concello do Barco busca convertir o casco vello da vila nunha zona ARI (Área de Rehabilitación Integral), algo que permitiría aos veciños poder solicitar as axudas que se regulan para este tipo de declaracións. E dentro dos pasos que está a dar para lograr ese obxectivo inclúese unha xuntanza que mantiña na tarde do 7 de abril no Multiusos coas persoas que residen nesta parte da localidade.

Alí, o alcalde do Barco, Alfredo García, sinalaba que para optar a ser zona ARI serían necesarios un mínimo de 50 compromisos de actuacións de mellora ou rehabilitación en vivendas no casco vello. “Non teñen por que ser grandes obras, poden ser tamén pequenas actuacións de reparación”, matizaba. De seguido, o aparellador municipal detallaba as condicións que recolle a normativa para as ARI.

O rexedor indicaba asemade que esta xuntanza tiña lugar para ir adiantando trámites e ganando tempo, á espera de que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento asinen o plan que regulará de xeito definitivo este tipo de intervencións, para desa maneira “iniciar a declaración de ARI o máis rapidamente posible, unha vez se asine o plan”.

Para consultar dúbidas ou pedir información sobre esta cuestión, os veciños poden achegarse pola primeira planta do Concello do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button