CulturaCulturaÚltima hora

Contacontos e teatro de papel cos Nortis, no Barco

 

O segundo andar da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco acollía esta tarde o espectáculo “Os Nortis e os libros sen título”, unha singular proposta de contacontos e teatro de papel, na que non faltaba o humor, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos.

Os Nortis son personaxes que habitan na dimensión da creatividade e que, a través dos libros, axudan aos nenos e nenas a espertar a súa imaxinación. Con esta premisa comeza unha viaxe entre libros de cartón, dos que xorden desplegables pop up, mecanismos móbiles e xogos de contraluz con imaxes. É unha aventura visual e de lendas para toda a familia.

Esta actividade estaba organizada polo Concello do Barco con motivo do Día do Libro deste ano.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button