Ata tres metais sumaban os atletas das Escolas Deportivas de Trives, que compiten coa camiseta do Adas Cupa do Barco, no XVI Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 que se celebraba este 25 de xuño na Pista de Atletismo Josefina Salgado en Pereiro de Aguiar.
Así Antón Prieto Cortizo facíase co ouro en 60m Sub12 e con outro ouro en relevos 4x60m. Deva Posada Domínguez era bronce en peso 2 kg Sub12. Ademais Martín Rodríguez González lograba un cuarto posto en peso 2 kg. Pola súa banda, Nicolás Eduard Lascu clasificábase 10° en peso 2 kg (de primeir ano).
O adestrador das escolas trivesas, Tino Sierra, amosaba o seu agradecemento aos pais e mais dos atletas “polo seu apoio, ao Club Adas e ao Concello de Trives, sen eles isto non sería posible”. Destacaba especialmente os resultados de Deva Posada, “que nunca falla”, e de Antón, “un neno que se sacrifica nos entrenos, constante e traballador como ninguén. Hoxe díxenlle que ía ser o seu día polo que levamos loitando e así foi, con vitoria dobre, só podo dicir: Gracias Antón”.
Ademais, Sierra anuncia que o vindeiro día 30 teremos a fin da tempada no auditorio Julio Vázquez, con entrega de premios e unha merenda, todo organizado pola Concellería de Deportes de Trives”.
Fotos cedidas.