Na fin de semana os Radioaficionados de Trives desprazábanse ata terras portuguesas para participar, o día 7 de outubro, na 23ª Feira da Radio da Aram, que se desenvolvía no Centro Cultural de Viana do Castelo.
“En representación de Galicia os Radioaficionados de Trives marchamos a Portugal a esta feira, foi un gran recoñecemento por parte dos radioafeccionados portugueses”, explican dende esta agrupación trivesa.
Fotos cedidas.