
Valdeorras está de loito polo falecemento do historiador Antonio Castro Voces, na tarde do 17 de xaneiro en Toledo. A capela ardente deste estudoso da historia e da cultura da comarca instalarase na Sala 2 do Tanatorio Santa Rita do Barco o venres 19 de xaneiro de 10h. a 22h.
As súas cinzas estarán ás 15h. do domingo 21 de xaneiro na igrexa parroquial de Quereño (Rubiá), a súa localidade natal, e a misa do seu funeral celebrarase ás catro e media da tarde nese mesmo templo. A continuación, terá lugar o sepelio no cemiterio de Quereño.
O coñecemento da noticia do seu pasamento causaba un fondo pesar en Valdeorras, onde era unha persoa moi aprezada e querida.