En portadaÚltima hora

Unhas 400 persoas, no XXX Magosto da Rúa

 

O ano pasado non houbo. Os problemas coa auga, xusto despois dos lumes, levaba ao Concello da Rúa a suspender o magosto que este ano chegaba á XXX edición reunindo a unhas 400 persoas, entre elas tres peregrinos madrileños, na noite deste sábado 31 de outubro, coma sempre na Estación de Autobuses.

 

Tiña lugar unha semana despois do da Rúa Vella, cun menú que incluía amais dos bullotes asados, bolos preñados, empanada e bica. Tampouco faltaba o viño e a auga nin a música, creando un bo ambiente animado tamén polos disfraces de Samaín que algún dos asistentes levaba.

 

 

Coma sempre os membros de Protección Civil, tamén acudían á cita. Algúns despois de ter colaborado co Samaín da Rúa Vella.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button