A Escola Belarmino Fernández Iglesias acollía neste 7 de marzo unha xornada de maridaxe dos Viños de Amandi e o peixe do Porto de Burela. Trátase dunha actividade organizada xunto co Concello de Sober con motivo do Mes do Amandi.
O alumnado do Centro asistiu a unha charla impartida por José Manuel Fernández Beltrán, secretario técnico do Porto de Burela, e a continuación os estudantes dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e Gastronomía e de Servizos en restauración ofreceron unha cata maridaxe dos viños de Amandi xunto cun menú a base de peixe do Porto de Burela composto dos seguintes pratos:
– Nigiri de pescada e allada
– Usuzuri de cabra marinada e aceite de herbas
– Ceviche de cabra
– Pescada ao vapor e olivas verdes
– “Fish and Chips” de bertorella
– Zorza de bertorella, pataca e Padrón
– Albóndega de cabra, pescada e bertorella en salsa de améndoa
– Surtido de postres
Fotos cedidas.