ConcellosÚltima hora

A Cea “Barquense do ano 2023”, con José Luis Gómez como homenaxeado, será o 11 de maio no Casino do Barco

José Luis Gómez “Victoria”./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Pola súa longa traxectoria como cabeza visible e referente do baloncesto ao longo de máis de 40 anos. Polo seu bo facer, non só a nivel deportivo, senón pola boa persoa que é e polo ben que ten representado ao Barco de Valdeorras por todos os rincóns de Galicia, cidades e pobos, sendo un gran embaixador para a nosa vila”. Por estes e outros motivos a Asociación Casino do Barco escollía a José Luis Gómez Álvarez “Victoria” como “Barquense do ano 2023”, tal e como facía público a mediados de febreiro o seu presidente, Pablo Doboa.

Esta homenaxe recibiraa nunha cea que terá lugar o vindeiro 11 de maio ás 21h. no segundo andar do Casino do Barco e que estará animada pola actuación musical de Sito. A cea terá un aforo máximo de 150 persoas e a venda de entradas farase na cafetería do Casino a un prezo de 29 euros. A data límite de compra de entradas será o xoves 9 de maio.

O menú da cea incluirá aperitivos, langostinos, costela asada, sobremesa, café e chupitos, ademais de viños mencía e godello.

 

Back to top button