CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O Samaín da Rúa Vella, máis espectacular e terrorífico, bate todos os récords con máis de 600 participantes

 

Cada ano mellor. Cando parece que xa non poden sorprender máis, volven facelo. Na tarde deste sábado 31 de outubro a Asociación Sabugueiro volvía conquistar ao público cunha nova edición do Samaín da Rúa Vella, máis espectacular, detallista, aterrador e realista que nunca co que batían un novo récord con máis de 600 participantes.

 

 

Arredor das 17 horas, comezaban na rúa Guindeiras un animado percorrido polas rúas do pobo disfrazados cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas. Para conseguilo, os cativos tiñan que seguir o mapa elaborado pola organización “e ter moito coidado coas meigas, pantasmas e zombies que podes atopar no  camiño”. E así o facían visitando un total de 14 puntos.

 

 

Primeiro, aínda de día, era a quenda dos máis pequenos, acompañados na maioría dos casos por adultos. En grupos reducidos ían saíndo seguindo as indicacións do mapa e dos membros da organización, visitando as casas colaboradoras ata a praza César Conti. E entre medias, o manicomio, o quirófano, a Santa Compaña, o circo, o cemiterio, o túnel, o inframundo, o maizal, a botica, unha explosión nuclear e ata un akelarre,  ata chegar ao final da ruta, no adro da igrexa de San Roque, cun chocolate como broche.

 

 

A sesión xuvenil, comezaba xa de noite, aínda máis terrorífica é luz das linternas.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button