CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Parada de Sil celebra o VIII Certame de Corais Aqua-Música no marco das Letras Galegas

 

Do VIII Certame de Corais Aqua Música-Parada de Sil desfrutaba a veciñanza deste municipio na tarde do 11 de maio. A igrexa parroquial de Parada de Sil acollía a partir 19:30h. este evento musical coa participación das corais de Poio e Monforte de Lemos, ademais de Aqua Música.

A actuación finalizaba coas tres corais interpretando o himno galego, tendo en conta que o certame facíase coincidindo coa celebración das Letras Galegas en Parada de Sil. Este evento musical ten sido organizado por Aqua Música, co patrocinio do Concello e coa colaboración da Parroquia Santa María desta mesma localidade.

Fotos cedidas.

Back to top button