Por segunda vez no que vai de ano, unha pata escollía o maceteiro dunha terraza que dá ao río Sil, na zona antiga do Barco, como lugar para o seu niño. Apartaba os amorodos plantados na mesma e facía un burato no que o 8 de maio poñía o seu primeiro ovo. Dende entón son xa media ducia os que ten, un por día.
Con moita delicadeza e ilusión este veciño coida do niño, co desexo de que poidan saír adiante o maior número de crías posibles que, a última vez, saltaba ao río dende a mesma terraza.
Fotos cedidas.