ConcellosO BarcoÚltima hora

Adxudicada a ampliación do parque infantil do Malecón do Barco, que incluirá unha tirolina

Deseño da ampliación do parque infantil do Malecón do Barco./ Fonte: Concello do Barco.

 

O Concello do Barco vén de adxudicar este xoves 16 de maio á empresa MyParque a ampliación do Parque Infantil do Paseo do Malecón, cun custo definitivo de 93.458 euros. As obras, cuxo prazo de adxudicación é de 3 meses, consistirán na ampliación do parque infantil actual, situado no Malecón, preto da explanada da festa, con novos elementos que se ubicarán no espazo antes ocupado polo skate.

Os novos elementos inclúen tubos, tobogáns e diferentes xogos. O chan será acolchado, como o que xa está instalado nas inmediacións. O parque actual será reparado, e se engadirán algúns elementos novos para substituír a parte dos actuais.

Ademais, na mesma zona instalarase unha tirolina de 22 metros de longo para completar as novas instalacións infantís. A tirolina, que non se inclúe dentro do orzamento de adxudicación da ampliación do parque, suporá unha inversión de case que 13.000 euros. Instalarase ao mesmo tempo que o novo parque.

Back to top button