ConcellosO BarcoÚltima hora

Comezan as Festas da Santa Rita no Barco

 

Neste 17 de maio, no que se celebran as Letras Galegas, O Barco tamén dá inicio ao programa das festas da Santa Rita, cuxa data central será o vindeiro 22 de maio (se ben o seu novenario iniciabábase o 13 de maio). Este venres, denominado “Día da Xuventude” incluía, ademais de competición deportiva e un espectáculo de maxia, un concerto cos grupos Os Piñeiros e Buen Castigo no campo da festa a partir 00h.

Os actos continuarán nos vindeiros días con música, tiro con arco, bailes e verbenas ata o día 22.

Máis información na edición en papel do Especial Santa Rita do Periódico O SIL.

Foto cedida.

Back to top button