Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Club Peña Trevinca Barco prepárase para a ruta do Cares, tras realizar unha andaina en Porto do Son

 

O Club Peña Trevinca Barco continúa cunha intensa actividade. Na pasada fin de semana, o domingo 26 de maio, participaba na oitava proba da Liga Galega de sendeirismo 2024, en Porto do Son e organizada polo Club Trabandainas de Noia. “Tivemos a oportunidade de ver no roteiro o Castro de Baroña. Vistas sobre a tía de Muros e Noia. Vistas desde arriba de Porto do Son. Foi un gran traballo, de roteiro, avituallamientos, organización”, di Miguel de la Cal, presidente do Club Peña Trevinca, que contaba con 16 participantes na cita.

A próxima cita que teñen na axenda será o 8 de xuño, onde farán a ruta do Cares e descenso do Sella. Así mesmo, os días 22 e 33 de xuño acudirán seis membros do club (entre eles unha muller) aos 100 km da Barbanza.

Fotos: Club Peña Trevinca Barco.

 

Back to top button