ConcellosO BarcoÚltima hora

Patricia Fernández comeza a elaboración dun mural de lactación materna no Barco

Tratáse dunha iniciativa da Asociación De Nai a Nai coa que pretende darlle visibilidade á lactación materna

 

A primeira hora deste sábado 8 de xuño a artista Patricia Fernández “Lapintiparada” comezaba a elaboración dun mural coa temática da lactación materna no exterior do campo de fútbol de Calabagueiros, no Barco. Trátase dunha encarga que lle fixo a Asociación De Nai a Nai (co apoio do Concello do Barco), que con esta iniciativa busca darlle visibilidade á lactación materna nesta vila valdeorresa.

Esta creadora barquense traballará nas fins de semana na creación deste mural, que xa comeza a tomar forma e cor.

Fotos: A.R.

Back to top button