Unha vintena de postos de moi diversos produtos locais e artesanía podían visitarse ao longo da xornada do 15 de xuño na praza de San Mauro do Barco. Alí instalábase a III Feira do Porto da Barca, incluída na programación da VI Festa do Casco Vello desta vila.
Dende queixos, bicas e castañas, pasando por licores ata arte feito debuxo e papel, artesanía en prata, coiro, madeira ou lousa. Ademais, contaban con expositor algunhas entidade benéficas como a Asociación Española contra o Cancro en Valdeorras e Peludines.
O programa desta feira, que organiza o Concello do Barco, completábase con dous obradoiros infantís (un sobre malabares de Guti Malabarista e outro sobre lámpadas en madeira de Seredipia Creative.
Fotos: A.R.