ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco anuncia a contratación de peóns e oficiais de primeira para Obras

Casa do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco abriu prazo para presentación de solicitudes de cara a participar no proceso selectivo para cubrir postos de peóns e oficiais de primeira vacantes no departamento de Obras. “Trátase de cubrir dúas bolsas, co fin de encher as baixas existentes na plantilla. O prazo estará aberto ata o próximo día 20, e pode realizarse tanto presencial como telemáticamente”, segundo informa o Concello.

Os interesados deber ter máis de 16 anos, e estar en posesión do título de Graduado en ESO ou equivalente e ter o permiso de condución clase B, en caso dos que queiran optar ao posto de Oficial de primeira.

Para os peóns, deben ter máis de 16 anos e o permiso de conducir clase B. Para a selección, realizaranse dúas probas prácticas, relacionadas cos cometidos funcionais dos traballos, e un exame de galego para aqueles que non dispoñan do Celga 2 ou equivalente. Os interesados poden ver as condicións da convocatoria nos seguintes enlaces:

Bases da convocatoria de Oficial de Primeira:

https://www.sede.concellodobarco.org/vd/Default.aspx?key=ywhv8ARPM/nr0PlcW+YkqPMuH4pT00S0S1I0OLZ1KaJNe+eFbpZPJgiMCEzInM+IelfKtcNjJ6uSUVL4+RodRg==

Bases da convocatoria de Peón:

https://www.sede.concellodobarco.org/vd/Default.aspx?key=ywhv8ARPM/nr0PlcW+YkqPMuH4pT00S0S1I0OLZ1KaJNe+eFbpZPJgiMCEzInM+IelfKtcNjJ6uSUVL4+RodRg==

Back to top button