Por cuarto ano consecutivo terá lugar no Museo do Viño de Galicia en Ribadavia unha nova edición da “Cata Sonora”, un ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais, dende o blues ata a música clásica, e que contará con artistas tanto nacionais como da comunidade. Compartirán o seu talento nun recinto de gran beleza como o é a terraza exterior do museo.
É unha aposta pola boa música que non necesita ningún outro reclamo maís que o silencio do lugar e que só é interrumpido “unha soa vez”
pola sonoridade da campá da igrexa de Santo André de Camporredondo, parroquia onde pertenece o Museo do Viño.
Esta edición celebrarase durante os meses de xullo e agosto, e contará c@s seguintes artistas:
▃ Xoves 4 de xullo JAVIER BERGIA (MADRID).
▃ Xoves 18 de xullo CAROLINA RUBIROSA. (GALICIA)
▃ Xoves 8 de agosto GUZMAN + CÁNOVAS JR. (MADRID).
▃ Xoves 22 de agosto MONICA DE NUT. (GALICIA)
▃ Xoves 29 de agosto MARTÍN AGRA. (OURENSE)
O inicio dos concertos será ás 21:00h., con entrada libre ata completar o aforo.
Ao remate poderá degustarse unha copa de viño na zona Lounge.
