Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A andaina nocturna Os Mouchos, que organiza o Club Peña Trevinca Barco, será o 19 de xullo

Imaxe da anterior edición da andaina noctura “Os Mouchos”./ Foto: A.R.

 

A praza do Concello do Barco. Este será o punto de inicio e a meta da 15ª Andaina dos Mouchos que o Club Peña Trevinca Barco organizará o vindeiro 19 de xullo. Será unha ruta moi sinxela arredor do Barco cun percorrido de 9,75 km e sen apenas desnivel, tal e como adianta a organización.

As inscricións realizásense directamente na porta do Concello do Barco a partir das 22:30 e ata as 22:55. “Entregaremos unha cinta cun dorsal para un pequeno control de participantes. A duración estímase nunhas 2:45 horas máximo, a un ritmo lento”, sinalan dende o Club Peña Trevinca Barco. A saída terá lugar ás 23h.

 

Back to top button