Ás 23h. deste 19 de xullo partía da praza do Concello do Barco a 15º Andaina Nocturna Os Mouchos, que contaba cunha notable asistencia. Un cento de persoas tomaban a saída para afrontar unha ruta moi sinxela arredor do Barco cun percorrido de 9,75 km e sen apenas desnivel, tal e como adiantaba a organización.
As inscricións realizábanse esta mesma noite directamente na porta do Concello do Barco a partir das 22:30 e ata as 22:55. A organización en mans do Club Peña Trevinca Barco entregaba a cada camiñante unha cinta cun dorsal para un pequeno control de participantes. A duración estímase nunhas 2:45 horas máximo, a un ritmo lento.
O Club Peña Trevinca Barco contaba na organización desta ruta coa colaboración do Concello e co apoio das agrupacións de Protección Civil do Barco, Petín e Vilamartín, así como da Policía Local.
Fotos: A.R.