ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Unha persoa queda atrapada debaixo dun montacargas en Monforte de Lemos

Imaxe de arquivo.

 

Esta mañá o 112 Galicia respondía a unha petición do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido ás dificultades para acceder a unha persoa que resultaba ferida ao caer e quedar atrapada debaixo dun montacargas de tipo industrial, pero nunha vivenda particular situada na Rúa Eduardo Pondal en Monforte de Lemos.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Monforte co fin de liberar ao home.

“En apenas unha hora- foi ás 11:30 cando o 112 Galicia recibiu o aviso-, a persoa estaba liberada e a disposición do equipo médico para o seu traslado ao centro hospitalario de referencia. No operativo tamén participaron os axentes da Policía Local”, tal e como informa o 112 Galicia.

Back to top button