ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha cea popular abre as festas de Santiago en Forcadela (O Barco)

 

Numerosas persoas participaban na noite do 24 de xullo na cea popular que se iniciaba ás 22h. e coa que se abría o programa das festas na honra a Santiago Apóstolo en Forcadela (O Barco). A velada desenvolvíase de forma animada e con algunha polémica relacionada co bingo posterior á cea.

Non faltaba tampouco a música, da man do Patio de Leni, interrompida por algún fallo no subministro eléctrico, e despois estaba prevista a actuación do Dj Dani Argü.

 

 

Os actos festivos continuarán neste 25 de xullo coa procesión ás 13h. Tamén haberá diversas actividades deportivas e musicais ao longo da xornada.

Fotos cedidas.

 

Back to top button