Pasadas as 21h. deste 26 de xullo un vehículo que circulaba polo céntrico Paseo do Malecón do Barco sufría unha avaría, xusto ao pasar a Casa da Cultura da vila, e quedaba no medio da calzada. Ata o lugar desprazábase de inmediato a Policía Local do Barco e procedía a desviar o tráfico procedente da rúa Irmáns Dequidt cara o Malecón pola rúa da Estación (que é de dirección única pero en sentido contrario, é dicir, dende Conde Fenosa cara o Malecón).
Tras proceder á retirada do vehículo, pasadas as dez da noite, a rúa da Estación recuperaba o seu sentido habitual.

