Tras a narración oral do pasado martes, o XII Ciclo De Perto do Barco continuaba na tardiña deste 26 de xullo dando paso a palabra cantada. E facíao por partida dobre cun concerto na adega Roandi no que actuaban a Coral Virgen de Linarejos, que dirixen Rafael Funes e Olga Cubilla, e o Orfeón Valdeorrés, cuxa dirección está en mans de José Ramón Mansilla.
A Coral Virgen de Linarejos, integrada por trinta membros, creouse en maio de 2012 en Linares. O seu repertorio é amplo e variado e nel podense atopar obras de polifonía renacentista, música popular, pop ou mesmo góspel. Ten participado en numerosas celebracións e encontros fora da súa terra: Asturias, León, Zaragoza, Sevilla, e actuou en Filipinas e Suecia. A coral conta ademais de forma regular con Belén Lucena como pianista e con Francisco Moya e Antonia Campos como percusionistas.
O anfitrión, o Orfeón Valdeorrés, foi fundado no ano 1979. Ten participado en varios encontros corais por toda España e realizado numerosos concertos en países como Austria, Francia, Italia, Belxica, Republica Checa e portugral. Participou na grabación de varios discos ao longo da súa traxectoria, sendo o último “Paisaxes do corazón”. Tamén editou o libro “25 años cantando” con motivo do seu 25 aniversario.
Na actualidade conta con 45 integrantes, dirixidos por José Ramón Mansilla. Ofrecen pezas de estilos moi diferentes, percorrendo dende a polifonía ata os temas máis actuais.
Fotos e vídeo cedidos.
